[En Galego…] Conmemoración Día das Letras Galegas 2023

12

Nunha xornada chea de animación e cultura, cando se cumprían 160 anos da publicación de Cantares Gallegos que inspirou a primeira celebración do Día das Letras Galegas, o noso colexio conmemorou esta festa rendendo unha merecida homenaxe ao autor Francisco Fernández del Riego.

Os actos comezaron nas etapas de Infantil e Primaria, onde en primeiro lugar se destacaron os logros e a importancia do autor de Lourenzá na literatura, seguido de xogos e actividades entorno á súa figura. Como colofón, elaborouse entre todas as clases desas etapas un póster colaborativo xigante, que decorara previamente o alumnado.

No que se refire a secundaria e bacharelato, celebrouse un acto solemne no que se deu a coñecer a relevancia do autor homenaxeado, ao tempo que o seu estudantado ofrecía actuacións musicais en directo e un monólogo que cautivaron o público presente. Alén disto, como parte das festividades en torno á lingua, levouse a cabo a entrega de premios do certame literario organizado polo colexio, no que tiveran a oportunidade de demostrar a súa creatividade e talento escribindo relatos ou poesías en lingua galega.

Con esta celebración o colexio deu un paso máis ao tentar promover o aprezo pola lingua e a literatura galegas, facendo que esta dure “mil primaveras máis

Por favor, navegue hasta la página para ver este contenido.

Artículo anteriorMinicamp en Foz
Artículo siguienteEl AMPA le da color al patio del Colegio de Salesianos